A Feira Taurina da Peregrina comezará o 5 de agosto oa nova Lei de Espectáculos de Galicia en vigor
Por Marisa Ciordia
A Feira Taurina da Peregrina mantén os tres festexos para o próximo agosto; catro se se ten en conta o espectáculo previsto o día 15. Como vén sendo habitual nos carteis deseñados para a cidade de Pontevedra, no coso de San Roque farán o paseíllo máximas figuras do escalafón, como é o caso do destro sevillano Morante de la Puebla, que formará parte da terna prevista para o domingo 12 de agosto.
A feira comezará o domingo 5 de agosto e terá continuidade a seguinte fin de semana: sábado 11 e domingo 12. Completarase o 15 de agosto, véspera de festivo nacional, cun espectáculo ecuestre pensado para o público infantil e familiar. Será a próxima semana cando a empresa dea a coñecer os carteis destes festexos.
Dada a entrada en vigor este próximo 2 de xullo da nova Lei de Espectáculos de Galicia que sinala no seu articulado que "queda prohibido o acceso aos espectáculos taurinos en recintos pechados ás persoas menores de 12 anos" estes non poderán asistir ás tres primeiras corridas de touros.
Non obstante tendo en conta o carácter do evento previsto para o día 15, este sería o único ao que poderían acudir.
CONCURSO DE CARTEIS
Pola súa banda, a Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, deu a coñecer o fallo do cuarto concurso de carteis para a feira. Nesta ocasión o cartel gañador leva por título 'Arena'. Mostra as figuras dun touro e un toureiro cun par de banderillas, a base de pequenas pedras sobre un fondo de area de praia. Un deseño orixinal, que difire das seleccións gañadoras en anos anteriores.
O traballo corresponde a un pontevedrés, Daniel Moldes Vidal e por tanto gañador do premio de 500 euros co que está dotado este concurso.
Relacionadas:
-
"Lozano déjanos pagar con tarjeta"
Por Oskar Viéitez |
-
Os triunfadores de San Isidro tamén estarán na Feira Taurina da Peregrina
Por Marisa Ciordia | Creada e actualizada
-
Creadores, 500 euros para o mellor cartel ilustrador da Feira da Peregrina
Por Redacción |
-
Morante de la Puebla, apoderado por Manolo Lozano, estará na Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Juan del Álamo e Santiago Domecq resultan os máis valorados nas Conversas taurinas de PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |