Cuntis mellora a conexión a internet por banda longa en seis lugares do municipio
Por Redacción
Seis núcleos rurais do municipio de Cuntis verán mellorada o servizo de conexión co programa estatal de banda longa, cofinanciado co Fondo Agrícola Europeo de Desenvolvemento Rural.
Nesta ocasión, os beneficiados serán Arcos de Arriba, Fontecova, Portodegómez, Magán, Guldrigáns e Hervés.
Estas melloras únense as anunciadas pola compañía R, que afectan ao casco urbano de Cuntis.
Un mellor acceso a internet foi unha reclamación constante do goberno local, ao entender que se estaba a prestar un servizo moi deficitario en todo o concello.