A conselleira de Sanidade pide ao goberno local que retire os recursos sobre o proxecto do novo Hospital
Por Anxo Lourido
Rocío Mosquera, a conselleira de Sanidade, tomaba posesión do seu cargo en xaneiro de 2012. Este mércores 8 de maio de 2013 visitou Pontevedra por primeira vez para comprobar a ampliación da área de día de Psiquiatría no Hospital provincial. Unha obra á que Sanidade destinou 100.000 euros e que amplía en 200 metros cadrados o espazo dedicado á asistencia destes pacientes.
Ás portas deste servizo, a conselleira fixo un novo chamamento ao Concello de Pontevedra para que retire os dous recursos interpostos ante o proxecto de construción do novo hospital de Monte Carrasco. Sinalou que "queremos iniciar as expropiacións dos terreos pero agora non podemos garantir que non teñamos un problema xurídico co Concello". Neste sentido, Rocío Mosquera apuntou que non se manteñen reunións con representantes do goberno local: "ÿ un tema administrativo. Mandámoslle unha carta e estamos a espera de que nos responda á carta ou a que retire os recursos. As relacións son coma sempre, complexas".
Pola súa parte, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, respondía que "só falan dos recursos cando lles interesa" e sinala que dende a consellería se está a utilizar a oposición do Concello como desculpa para non acometer o proxecto do novo Hospital.
A conselleira insistíu nas dificultades económicas que supón continuar coa ampliación do hospital Montecelo: "a ampliación do Hospital Montecelo é moi caro para os resultados que se poden obter aí. Son gastos moi elevados e o período de obra que se tiña que realizar. Facer obras nun hospital funcionando sempre é moi complicado pero en Montecelo é aínda moito máis complicado dende o punto de vista técnico e legal". A conselleira calcula que se non houbera obstáculos e o Concello retirase os recursos en pouco máis dun ano, as obras do hospital de Monte Carrasco poderían estar en marcha.
A máxima responsable da sanidade galega felicitou ao xerente, José Manuel González, polos bos números das listas de espera na área sanitaria norte de Pontevedra e afirmou que tentarán trasladar este modelo a outros centros galegos.
HOSPITAL DO SALNÿS
Sobre a ampliación do Hospital do Salnés, Rocío Mosquera engadíu que "as empresas presentaron toda a documentación que se lle requeríu e agora se está facendo a evaluación técnica e esperemos que pronto teñamos a adxudicación". A Xunta de Galicia destinou 6 millóns de euros no orzamento para estas obras.
Relacionadas:
-
Moreira instará á Xunta para que en ano e medio haxa obras en Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta ten vía libre para construír o Hospital de Monte Carrasco
Por Oskar Viéitez |
-
Antón Louro recoméndalle á conselleira de Sanidade que deixe de enganar co hospital de Monte Carrasco
Por Redacción |
-
Traballadores do Hospital "chívanse" á conselleira da mala xestión do xerente
Por Anxo Lourido |