Críticas á "desidia e a falta de interese do goberno municipal" pola rúa da Ruibal
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do PSOE, Tino Fernández, presentou unha solicitude de actuacións urxentes na rúa da Ruibal, atendendo ao enfado que, aseguran, existe na veciñanza por unha actuación de reasfaltado que se iniciou hai anos pero que non chegou a completarse. A outra metade, desde a antiga escola ata o cruce coa estrada do Sixtro, aínda está a esperar a súa quenda.
Entre outras deficiencias enumeran a deterioración da estrada e a obstrución das recollidas de pluviais que provocan bolsas de auga na calzada.
"Esta situación só se pode explicar desde a desidia e a falta de interese do goberno municipal", apunta Tino Fernández.
A este "estado de abandono" suman a invasión de maleza a ambos os dous lados da vía que obrigan aos peóns para camiñar pola calzada "sumindo un enorme risco dado o alto volume de trácio que soporta esta rúa".
Na súa solicitude os socialistas urxen a reparación desta situación.
A OBRA XA ESTÁ ADXUDICADA
A pesar das críticas do PSOE, o certo é que esta actuación demandada é inminente. As obras, que executará a empresa COVSA, pretenden alargar dúas pontes que pasan por encima da AP-9, o primeiro que conecta con Marín e o segundo con Vigo.
Como consecuencia, darase unha redución do espazo destinado aos coches, que na actualidade comprende os 8 metros. Os vehículos terán que circular nun espazo de 6,50 metros, deixando 2,5 e 1,5 metros aos lados da vía.
Ademais, nos 700 metros de percorrido, procederase á colocación de lombos e a recuperación dunha senda de circulación que quedou eliminada tras unhas expropiacións no tramo, e que permitirán o paso dos veciños da parroquia.