Nova materia en bacharelato, "Coeducación para o século XXI": de que vai?
Por Oskar Viéitez
O próximo curso haberá unha nova signatura en bacharelato: "Coeducación para o século XXI". Trátase dunha materia de libre configuración autonómica destinada a impulsar o cambio de actitudes, roles e estereotipos.
Consta de catro bloques: A historia dos feminismos e do patriarcado e a reivindicación do principio de igualdade. Feminidades e masculinidades, e a construción de identidades igualitarias. No terceiro bloque inclúese expresión social da violencia contra as mulleres.
Como final da materia elaborarase un proxecto para a posta en práctica de moitas das reflexións e aprendizaxes realizados na aula ao longo do curso.
Segundo a consellería de Educación, esta materia contribuirá á inclusión da igualdade de xénero e á prevención da violencia, abordando o concepto en toda a súa diversidade.
Aseguran que o temario non se limitará a un ámbito teórico xa que estará en conexión directa coa inmediata realidade social.
A Xunta apunta que a materia que se aborda está concibida para que sexa unha ferramenta de comprensión da desigualdade por razón de xénero, analizando a súa evolución histórica, a situación actual e reflexionando sobre todos os aspectos que se deben cambiar como condición necesaria para alcanzar unha plena igualdade de oportunidades e de integración das persoas na sociedade.
Doce institutos da provincia serán os pioneiros en ofertar "coeducación para o século XXI" en bacharelato.