Festa rachada coas raíñas da noite
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A gran sardiñada popular da Seca e as fogueiras reuniron este sábado a miles de persoas en Poio.
As sardiñas, as raíñas da noite, empezáronse a asar pola tarde. Foron unhas grellas de calidade nas que sobresaía unha excelente materia prima. Do xeito, frescas, ningunha mazada, "jugosita". Un manxar.
No recinto das festas da Reiboa a Policía Local despregou un dispositivo especial de tráfico, cun cambio de sentido nas vías anexas para facilitar a chegada e saída do numeroso público que acudiu a pasar esta noite máxica á explanada da Seca.
A festa xa arrancou a media tarde coa recollida de herbas de San Xoán. A actividade comezou na Praza de Arís e, como sempre, estivo organizada pola Asociación Cultural Ronsel.
A sardiñada na Seca empezou ás 21.30 horas e a continuación celebrouse a verbena amenizada polas orquestras Super Fama e Ceniza. Como é tradicional, un espectáculo de lume e o encendido da fogueira na Seca foron o epicentro desta velada.
Relacionadas:
-
O PP de Poio quere unhas Festas de San Xoán con artistas de renome, orquestras de primeira magnitude e batalla de flores
Por Oskar Viéitez |
-
Silgar quere ser Riazor a próxima noite de San Xoán
Por Oskar Viéitez |
-
Lapas de San Xoán, purificadoras, máxicas e festivas
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
Técnicos inspeccionan en Poio a instalación das atraccións de feira das Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Aquelarre de pregoeiras nas Festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción |