Aquelarre de pregoeiras nas Festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez
Considerada unha das mulleres máis influentes de España, Teresa Fernández-Valdés, produtora executiva de Bambú, xunto ás actrices Marta Larralde e Eva Fernández, pregoou desde o balcón do Concello de Poio o inicio das Festas de San Xoán.
No seu discurso Teresa quixo "agradecerlle a miña terra todo o que me regalou" reivindicando as súas raíces. "Se teño que identificar ou meu fogar, non teño ningunha dúbida, Galicia é a miña patria e Poio o meu berce", dixo, e engadiu que "aquí crieime e aquí descubrín que os soños pódense facer realidade". Foi un pregón cheo de xestos de agarimo, aderezado con humor e cargado con reivindicacións.
Pola súa banda as actrices Eva Fernández e Marta Larralde agradeceron estar rodeadas de "mulleres con talento, mulleres traballadoras".
Como elas mesmas dixeron "aquelarre de pregoeiras nas Festas de San Xoán de Poio".
Antes do tradicional chupinazo o Concello entregou os premios aos deportistas máis destacados: Carolina Agulla, do Poio Pescamar; o piragüista Pablo Rodríguez Requejo, e as sénior do Club Saraiba, composto por Laura Gómez e Iria Calvar.
De igual modo, entregáronse os galardóns do concurso do cartel das festas: Pedro Ruano, Nuria Gómez, Saúl Borges, Faidah Serantes e Nerea Medrano.
Relacionadas:
-
O PP de Poio quere unhas Festas de San Xoán con artistas de renome, orquestras de primeira magnitude e batalla de flores
Por Oskar Viéitez |
-
Festa rachada coas raíñas da noite
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Técnicos inspeccionan en Poio a instalación das atraccións de feira das Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Carol Agulla, Pablo Rodríguez e o Saraiba, Premios San Xoán 2018
Por Redacción |
-
Teresa Fernández-Valdés, Marta Larralde e Eva Fernández, primeiras pregoeiras do San Xoán de Poio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tradición, música e lume nas festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |