Churrasco do xeito
Por Oskar Viéitez
A escalada no prezo da sardiña provoca que cada vez máis xente opte polo churrasco para alimentar a noite de San Xoán. En 24 horas o quilo de sardiña triplicou o seu prezo na praza de abastos de Pontevedra, a pasar dos 5 ou 6 euros de media que se pedían por ela a principios de semana ata os 15. O churrasco mantén a súa cotización inalterable.
A motivo da alza no prezo do peixe azul hai que buscalo na mala mar destas xornadas, xa que a noite de tormenta do xoves con vento e ondada, complicou a faena á frota da ría. A menor oferta e maior demanda, os prezos dispáranse.
Na lonxa de Cambados celebrou este sábado unha poxa extraordinaria só para a venda das sardiñas do xeito. Nas grandes superficies comerciais ofrécense sardiñas moi baratas procedentes de Marrocos e de Portugal. Outra alternativa é o xurelo.
O que para algúns negocios é negativo beneficia a outros. É o caso das carnicerías que despachan sen descanso churrasco e chourizos.
Relacionadas:
-
A noite máxica de San Xoán iluminará toda a comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
As festas de San Xoán levan á Garda Civil de Tráfico a incrementar os controis de alcohol e drogas
Por Redacción |
-
Bueu organiza un mercado de San Xoán no Parque Ramal dos Galos
Por Redacción |
-
Un San Xoán para gozar do BTT en Portonovo
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción |