As festas de San Xoán levan á Garda Civil de Tráfico a incrementar os controis de alcohol e drogas
Por Redacción
Chega a noite de San Xoán e as festas multiplícanse nos distintos puntos da xeografía das Rías Baixas. Por este motivo, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra decidiu establecer unha campaña especial de vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas. Iniciarase este sábado 23 ás 18.00 horas e finalizará o domingo ás 12.00 horas.
Está previsto que se intensifiquen os controis en calquera tipo de estradas e a calquera condutor. O obxectivo é disuadir ás persoas que se poñen ante un volante de consumir alcol ou drogas, achegando seguridade a todos os demais usuarios das vías.
As patrullas de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa en canto ao normativa dos límites legais creando a concienciación de que non só o alcol e a condución poden ser orixe de accidentes, senón tamén as drogas son en numerosas ocasións sinónimo de morte ao volante.
Durante estas xornadas de festa intensificaranse os puntos de control nas vías de comunicación secundarias. As sancións por conducir baixo o uso de drogas ou alcol no organismo é de 1.000 euros e 6 puntos menos no carné. Este consumo se tipifica como delito dependendo da sintomatoloxía que presenten as persoas implicadas no caso de estar involucradas nun accidente.
Tráfico suxire á cidadanía que comunique, a través dos teléfonos do servizo de Emerxencias do 112 ou do 062, calquera comportamento anómalo relacionado coa seguridade viaria.
Relacionadas:
-
A noite máxica de San Xoán iluminará toda a comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Churrasco do xeito
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio activa o plan de tráfico especial polas Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
Estas son as praias de Sanxenxo nas que se poden facer fogueiras
Por Oskar Viéitez |