Traballadores da xustiza critican a posta en liberdade de 'La Manada': "estoy perdiendo la vocación"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O auto xudicial da Audiencia Provincial de Navarra polo que se decreta a posta en liberdade baixo fianza de 6.000 euros dos cinco condenados de La Manada tamén sacou á rúa este venres aos traballadores do sector dos xulgados pontevedreses, que quixeron mostrar o seu rexeitamento a esta decisión que contribúe a crebar a confianza dun sector da cidadanía na xustiza.
Os traballadores convocaron concentracións ante as sedes xudiciais da cidade: a Audiencia Provincial da rúa Rosalía de Castro e os xulgados da Parda. Tras unha pancarta na que recollen "Non é non. Eu si te creo", mostraron a súa visión crítica sobre a posta en liberdade.
Ademais, aseguraron que este tipo de decisións xudiciais incluso lles fan cuestionarse a súa vocación e confianza particular na xustiza. "Empezé en esto por vocación y cada día la estoy perdiendo más", sinalou respecto diso Josefina Iglesias, traballadora e sindicalista de Alternativas na Xustiza Galega- CUT.
"Cuando una mujer le dice a un hombre que no, es no", insiste e critica que "en vez de ir para adelante, el machismo vuelve a crecer" e reflíctese en todos os sectores, entre eles, a xustiza.
Os traballadores lembran tamén que a tres representantes sindicais e liberados das centrais STAJ e AXG- CUT abríronlles dilixencias de investigación por coaccións por mor dos incidentes rexistrados nas sedes xudiciais o día que se votou o preacordo para terminar coa folga indefinida do persoal da Xustiza.
O vindeiro luns están convocadas asembleas tanto na Audiencia Provincial como no edificio xudicial da Parda e o martes 26 convocaron unha concentración con motivo da declaración ante a Fiscalía dos tres investigados.
Relacionadas:
-
"La Manada" xa non é grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra pide que se declare "non gratos" en toda Galicia aos membros de La Manada
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva esixe un "cambio mental" na xudicatura e reformas no código penal
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, na rúa contra a "Xustiza patriarcal" que deixa a 'La Manada' en liberdade
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |