A falta de financiación deixa sen continuidade o programa de promoción do uso da bicicleta "Ao InstienBici"
Por Oskar Viéitez
Esta semana remata o curso escolar e con el chegan ao final as actividades formativas, entre elas a campaña de Pedaladas de promoción do uso da bicicleta "Ao InstienBici".
Esta foi unha actividade que usou os fondos da recadación da carreira PonleFreno 2018 chegando a 420 alumnos de catro institutos. Polo de agora Pedaladas non vai poder facer a actividade formativa no vindeiro curso xa que é imposible sufragala con fondos propios en exclusiva.
A última xornada formativa desenrolouse no CEIP San Andrés de Xeve e participaron 65 alumnos de 3º, 4º e 5º de primaria. Os grupos recibiron unha curta formación en seguridade vial.
Dende Pedaladas fixeron un cuestionario curto para verificar os hábitos de desprazamentos e dos 65 alumnos só 4 non teñen bicicleta propia e todos tiñan un mínimo de habilidade para usar a bici como puideron comprobar, a pesar diso a metade do alumnado vai a clase no coche dos seus pais e a outra metade vai en autobús con só dous nenos indo a pé de forma esporádica.
O principal motivo do alumnado para non usar unha bicicleta era que os propios pais non lles permitirían ir en bici polo risco de atropelo do tráfico motorizado pola inexistencia de infraestrutura adecuada pero moi maioritariamente gustáballes a idea de usar a bicicleta para ir á escola.
Relacionadas:
-
Pedaladas propón restrinxir o estacionamento para os vehículos máis contaminantes
Por Oskar Viéitez |
-
O programa Ao InstienBici de Pedaladas segue a crecer
Por Redacción |
-
Esta próxima semana "Ao InstienBici" na Xunqueira 2 e no Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
A recadación da carreira popular 'Ponle Freno' irá destinada "integramente" a Pedaladas
Por Diego Espiño |