Comeza o reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza en Vilaboa
Por Redacción
O Concello de Vilaboa comeza este xoves, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, o reparto de composteiros individuais entre a veciñanza das parroquias de Bértola e Figueirido.
Este reparto supón que o plan de compostaxe provincial faise xa realidade, ademais de nos centros de compostaxe comunitaria, tamén para os veciños que teñen casas con horta e que van tratar os seus biorresiduos "in situ" en lugar de botalos no colector verde.
O vindeiro xoves 21, ás 20 horas, no local do adro da igrexa de Bértola, realizarase un curso de formación para que 70 veciños coñezan como compostar no seu domicilio, así como as novidades sobre o tratamento de residuos no concello. Tamén recibirán todos os elementos necesarios para facer compost: un composteiro individual de 360 litros, un manual de compostaxe, un remexedeor e un termómetro.
A formación correrá a cargo tanto dos mestres composteiros da Deputación como da asociación Amigos da Terra. A intención é explicar todo o proceso dende que o lixo se deposita no composteiro ata que se produce o compost e como este modelo de xestión fai que ademais se melloren as taxas de reciclaxe de outras fraccións.
A Deputación concedeulle a Vilaboa unha subvención que permitirá ao goberno local contar cun plan de residuos específico para o municipio e unha axuda económica de 345.869,06 euros, o que supón o 88,07% do orzamento solicitado para adquirir composteiros individuais, colectivos e materiais complementarios.
Relacionadas:
-
Organizan unha xornada de repartición de composteiros en Vilaboa
Por Redacción |
-
Volven os repartos de composteiros individuais do Revitaliza á veciñanza de Vilaboa
Por Redacción |
-
A veciñanza do Toural recolle este xoves os seus composteiros
Por Redacción |
-
A Deputación inicia unha nova selección de mestres composteiros para os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación abre un proceso participativo para elaborar a súa ordenanza de compostaxe
Por Redacción |
-
A Universidade de Sao Paulo quere aplicar a compostaxe no seu campus como se fai en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |