Figueroa estrea un aparcadoiro que servirá de campo da festa
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade inaugurou esta fin de semana o novo campo da festa da parroquia de Figueroa.
Nesta actuación se investiron 140.000 euros para a súa pavimentación, peche e creación de aparcadoiros, o que permitirá dar un servizo axeitado aos veciños durante as súas festas, celebracións ou eventos sociais.
Ademais, a dotación de zonas de estacionamento, tendo en conta que o campo está nas proximidades da igrexa parroquial, facilitará que os vehículos poidan aparcar con comodidade tamén durante os actos relixiosos.
A inauguración, que se celebrou cunha cea e tivo lugar durante as festas patronais de Figueroa celebradas durante esta fin de semana, contou coa presenza do presidente e o vicepresidente municipais, Jorge Cubela e José Balseiros, de membros do goberno local e de representantes veciñais.