A Casa da Luz homenaxea na celebración do Día Mundial do Refuxiado ás familias que tiveron que fuxir do seu fogar
Por Redacción
A asociación Ticket2Europe, en colaboración co Concello de Pontevedra, levará a cabo este martes 19 de xuño ás 19.00 horas un encontro na Casa da Luz, na praza da Verdura, con diferentes entidades galegas dentro da celebración do Día Mundial do Refuxiado, que se conmemora o 20 de xuño.
En relación coa chegada de 630 migrantes no barco Aquarius, os organizadores queren destacar a forza, o valor e a perseveranza das persoas que tiveron que abandonar os seus fogares durante os últimos anos. Neste acto mostrarase o apoio ás familias que se viron obrigadas a fuxir de zonas de conflito.
A través dunha perspectiva local ofrécese unha visión da situación das persoas refuxiadas que se atopan na contorna da provincia para coñecer as súas experiencias. A idea é que se somen máis persoas para colaborar con este tipo de accións sociais.
Os colectivos Changemakers Lab, Refucoru, Escola de Xadrez de Pontevedra e Espazo Arroelo colaboran nesta actividade.
Relacionadas:
-
Pontevedra prepárase para acoller refuxiados procedentes do buque 'Aquarius'
Por Redacción |
-
Pontevedra ofrécese para acoller refuxiados do buque Aquarius
Por Oskar Viéitez |
-
Piden que Pontevedra se ofreza a acoller refuxiados do buque Aquarius
Por Alejandro Espiño |
-
A semente do xadrez xermina no campo de refuxiados de Azraq
Por Redacción |