A Festa do Viño de Barro, unha aposta segura
Por Redacción & Diego Torrado
É unha cita imprescindible, e volveuno a demostrar na que é xa a súa 39 edición.
A Festa do Viño de Barro pon este domingo fin a catro xornadas de actividades e bo ambiente no Pazo da Crega, en San Antoniño.
Música, danza, canto coral, deporte, gastronomía e sobre todo bos viños confirmaron a boa saúde da celebración, que contou cunha alta asistencia de visitantes.
Como colofón, este domingo os asistentes á festa puideron gozar dunha concentración de motos clásicas, animación musical e unha sardiñada para acompañar a cata dos caldos nunha edición do evento que serviu para homenaxear ás tabernas tradicionais.