A feira de Vilalonga cambia de localización
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo decidiu que, a partir da próxima semana, a feira pase a celebrarse na contorna da praza pública de Vilalonga.
O alcalde, Telmo Martín e o concelleiro de Facenda, Marcos Guisasola, decidiron atender a petición dos vendedores e da asociación de veciños.
Esta decisión permitirá mellorar a seguridade de compradores e vendedores, que ata agora instalábanse na subida ao Revel, xa que non será necesario cortar a circulación de vehículos.
Co traslado esperan que se produza unha potenciación da feira, que se celebra habitualmente os martes, aumentando o número de postos que actualmente é de 7.