En Marea e BNG esixen a dimisión ou cese inmediato do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín
Por Oskar Viéitez
Ante a sentencia do Tribunal Supremo que condena á empresa Construcuatro do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, polos sobreprezos na venda de pisos en Navia, os grupos parlamentarios de En Marea e o BNG esixiron a súa inmediata dimisión e no caso de non se dar, o seu cese.
Deste xeito o vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, instou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a actuar inmediatamente xa que "non se poden tolerar comportamentos corruptos e especulativos coa vivenda protexida pública".
Pola súa banda a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirma que se "Feijóo quere rexenerar o PP debe empezar por cesar a Telmo Martín, condenado por estafar na venda de vivenda protexida".
Pontón lembrou que o expediente sancionador non partiu do Partido Popular, foi unha decisión do goberno bipartito do que formaba parte o BNG a través da consellería de Vivenda que dirixía Teresa Táboas que "o Partido popular intentou torpedear".
Relacionadas:
-
SAL rexeita a petición de dimisión do alcalde Telmo Martín
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín asegura que "nunca" estivo imputado e acusa á oposición de difamalo
Por Alejandro Espiño |
-
A oposición esixe a Feijóo que cese a Telmo Martín pola súa "corrupción urbanística"
Por Alejandro Espiño |
-
A oposición solicitará un pleno extraordinario para pedir a dimisión de Telmo Martín
Por Redacción |
-
O Supremo ratifica a condena a Construcuatro por cobrar sobreprezos vivendas protexidas de Vigo
Por Oskar Viéitez |