O Sergas incorpora unha resonancia móvil ao Hospital do Salnés
Por Redacción
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou este venres o Hospital de Salnés, onde o Sergas ten instalada, ao carón deste centro sanitario, unha unidade móbil de resonancia magnética que porá en funcionamento nos próximos días para reforzar a cobertura asistencial que, dende 2006, se está a proporcionar neste tipo de probas aos sete hospitais comarcais, e puntualmente ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.
A nova unidade supuxo un investimento para a administración sanitaria galega de 1,5 millóns de euros.
Trátase dun novo equipo de alto campo co que se poden realizar todas as técnicas actuais, dende as máis sinxelas ata as de máis alta complexidade.
A experiencia adquirida coas dúas unidades móbiles en servizo fai que a nova resonancia incorpore melloras en aspectos de confort para o usuario.
A posta en marcha destas unidades ten un importante carácter de reequilibrio territorial, ao facilitar o acceso á alta tecnoloxía de toda a cidadanía.