Cotobade aspira a un obradoiro de emprego xunto cos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo
Por Redacción
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuníuse este martes co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, nunha xuntanza na que trataron a posibilidade da concesión dun obradoiro de emprego xunto cos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo no marco do Consorcio Conca do Lérez.
Beatriz Mato destacou a importancia que ten para o Goberno autonómico esta colaboración institucional para a optimización de recursos e que, desta maneira, os obradoiros poidan chegar a un maior número de concellos.
Ademáis Mato e Cubela abordaron asuntos relativos á Escola Infantil A Galiña Azul do concello, para dotala de melloras, querendo salientar Cubela "a demanda de prazas para nenos no concello, xa que no pasado Consello Escolar cubríronse todas as solicitudes".