Arquivan a causa xudicial aberta polos 127 quilos de cocaína de Elcano
Por Redacción
A causa xudicial que se seguía polos 127 quilos de cocaína localizados hai catro anos a bordo do buque-escola Juan Sebastián Elcano á súa chegada ao porto de Marín foi arquivada ao non poder determinar o xulgado quen foi o responsable do alixo.
Segundo a primicia informativa publicada este xoves polo xornal El País, o Xulgado Togado Militar Territorial número 12, con sede en Madrid, decidiu o sobresemento da causa baseándose en que o descontrol que reinaba no barco, onde non se rexistraba aos mariñeiros que embarcaban e desembarcaban.
O auto xudicial, contra o que aínda cabe posibilidade de recurso, recolle que que non resulta posible imputar "nin indiciariamente" a ningún dos mariños que ían a bordo de Elcano como responsable de embarcar a droga, pois, non hai "proba directa" que apunte a ningún deles.
A "falta de vixilancia de chaves e unha correcta llevanza" do libro de control de entradas que reinaba a bordo do buque escola da Armada española motiva que calquera membro da tripulación puidese acceder ao habitáculo no que foi localizada.
Dado o uso que se facía dese lugar, calquera puido "entrar e manterse nel durante o tempo necesario para introducir e ocultar" a cocaína e, ademais, dábase por feito que a droga foi embarcada durante a parada de cinco días do buque no porto colombiano de Cartaxena de Indias e, durante ese tempo, a maioría do seu persoal saíu do barco por concesión de permisos sen que houbese rexistro das entradas e saídas nin dos efectos que embarcaban.
A investigación apunta a que en Cartaxena de Indias embarcaron máis de 150 quilos de cocaína e na seguinte escala, Nova York, desembarcaron 26, nunha actuación pola que varios mariñeiros aínda seguen pendentes de xuízo por parte da xustiza estadounidense. Os 127 quilos restantes chegaron a augas españolas.
Todos os mariños que prestaban servizo na zona na que apareceu a droga negaron a súa participación no alixo e rexeitaron acusar a ningún dos seus compañeiros.
Relacionadas:
-
Dous mariñeiros máis do Elcano detidos por o alixo de droga que pasou por Marín con destino a Cádiz
Por Redacción |
-
O Juan Sebastián Elcano chegou á Escola Naval de Marín con 127 quilos de cocaína a bordo
Por Redacción |
-
Os tres mariñeiros de 'Elcano' foron detidos por tráfico de drogas por unha orde emitida dende Estados Unidos
Por Redacción |