O club da calceta reúnese na Oliva
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Unhas 60 persoas participaron este xoves na celebración do Día da Calceta en Público nun encontro que tivo lugar nas galerías da Oliva. É a sexta ocasión na que se desenvolve este evento.
Foi unha ocasión para que as "laneiras" compartisen trucos, ideas, revistas e ata vídeos de YouTube sobre costura e manualidades.
As persoas afeccionadas aseguran que calcetar implica grandes beneficios para quen o practica, desde as recompensas emocionais ata a relaxación ou a mellora da coordinación, e engaden que estimula o cerebro e fomenta a sustentabilidade.
Tamén presumen que cada vez máis mocidade se anima con esta técnica.