O IES de Poio, referente galego no uso das ferramentas dixitais
Por Redacción
O instituto de Poio acumula un novo recoñecemento ás súas boas prácticas. Converteuse nun dos seis centros galegos que foron distinguidos co selo de centro eTwinning.
O IES acadou o recoñecemento de Bruxelas tras ter superado un proceso de solicitude que recoñece a centros pioneiros e líderes en áreas como o uso de ferramentas dixitais, a prevención e seguridade en Internet, os enfoques pedagóxicos innovadores e creativos, o apoio á formación do persoal e o fomento de prácticas de aprendizaxe cooperativo
Durante esta semana os alumnos que desenvolveron os proxectos eTwinning de colaboración escolar europea está a presentar os seus traballos no instituto.
Estes proxectos foron Building linguistic bridges from classical to modern languages (construíndo pontes lingüísticas entre linguas clásicas e modernas), un proxecto dos departamentos de Grego e Tecnoloxía coa colaboración de Dinamización lingüística, desenvolvido con Grecia; e Familia europaea, un proxecto do departamento de Latín en cooperación con Estremadura, Polonia, Alemaña e Italia.