Os concellos recollen as súas bandeiras azuis
Por Oskar Viéitez
Os concellos recolleron este martes as bandeiras azuis de Galicia nun acto desenvolvido na Coruña en presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro; a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato e o vicepresidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), José Palacios.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, e o concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro recolleron as 13 bandeiras azuis, para 16 praias do municipio. Ademais das 11 que xa se obtiveron o ano pasado, recuperáronse os galardóns en dúas praias tan emblemáticas e concorridas como Areas e Caneliñas.
A lista de bandeiras azuis é a seguinte: Areas, Caneliñas, A Lanzada-O Espiñeiro, Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos-Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas-A Lapa, Pragueira, Baltar, Paxariñas.
Ademais das praias, Sanxenxo obtivo 6 sendeiros azuis o que significa que aos catro que xa tiña (Sanxenxo - Portonovo, Canelas -Punta Cabicastro, Montalvo - Major, A Lanzada) hai que engadir o de Areas -Punta Festiñanzo e o Paxariñas - Montalvo. Mantéñense os galardóns do porto deportivo de Sanxenxo e do centro de interpretación da Telleira, ademais do Club Náutico de Portonovo.
MARÍN
Representando ao Concello de Marín, a alcaldesa Maria Ramallo e a concelleira de medio ambiente Marián Sanmartín recolleron as catro bandeiras azuis para Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo, un sendeiro azul que engloba dúas rutas, a do viario de praias e a ruta dos miradoiros, e dous centros azuis, o centro de interpretación dos petróglifos en Mogor e o centro azul outorgado ao Ateneo Santa Cecilia.
PONTE CALDELAS
O alcalde de Ponte Caldelas recolleu a bandeira que acredita á praia da Calzada como a única praia fluvial de España con este distintivo. Tamén recolleu o diploma acreditativo do sendeiro azul, ou sexa da ruta circular de 8,5 quilómetros que percorre as beiras do río Verdugo.
Os galardóns ofrecen un distintivo que garante os servizos de socorrismo e salvamento, unha excelente calidade da auga, accesibilidade e balizamento e primeiros auxilios, o que permite contar cada ano con melloras importantes que permitan aos usuarios gozar dunha maior tranquilidade e seguridade nas mesmas.
Relacionadas:
-
Sanxenxo repite un verán máis como o concello español con máis bandeiras azuis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Nauta pon a punto o porto deportivo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
As bandeiras azuis volven ondear en Sanxenxo e Caneliñas
Por Oskar Viéitez |
-
As empresas de Sanxenxo, comprometidas coa calidade turística
Por Redacción |
-
Marín xa fai alarde de bandeiras azuis
Por Redacción |
-
Novas probas a socorristas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas izará o 1 de xullo a bandeira azul na praia fluvial
Por Redacción |
-
A Lama quere a bandeira azul para a súa praia fluvial
Por Redacción |
-
Poio non renuncia a recuperar a bandeira azul de Xiorto
Por Redacción |
-
As praias das Rías Baixas lucirán 55 bandeiras azuis
Por Alejandro Espiño |