O Concello de Barro desbrozará 30 quilómetros de viais municipais
Por Redacción
O Concello de Barro inicia a roza da maleza en 30 quilómetros de viais municipais.
Segundo explicou o tenente de alcalde e concelleiro de obras e servizos José Sanmartín, a empresa adxudicataria destes traballos ofertou unha mellora na licitación de 5,5 quilómetros. A actuación realizarase en ambos marxes de cada vial.
Unha vez remate a Festa do Viño o Concello continuará o desbroce mediante operarios municipais, que se irán organizando por parroquias.
José Sanmartín tamén informou que durante estes días estanse a realizar actuacións de limpeza de beirarrúas, prazas e espazos públicos do municipio mediante unha máquina limpadora, actualmente en aluguer pero que en breve adquirirá en propiedade "debido a versatilidade que ten para limpeza de contedores, sinais, beirarrúas e mesmo para pequenos destascos en tuberías de saneamento", sinalou.
Asimesmo, o goberno bipartito tamén ten previsto, dentro do Plan Concellos da Deputación, outro proxecto de bacheo, que se contratará en breve, para reparar pistas e eliminar fochancas en todas as parroquia.