Rafael Domínguez inicia en Lérez a súa "xira" cara a presidencia do PP local
Por Redacción
Lérez foi a primeira parada escollida polo candidato a presidir o PP de Pontevedra, Rafael Domínguez, na rolda de contactos que manterá con afiliados e simpatizantes co obxectivo de escoitar as súas opinións e expoñerlles o seu proxecto para o partido.
"Ofrezo ilusión e diálogo, dúas cuestións necesarias para poder empuxar Pontevedra cara o futuro", sinalou Domínguez durante o encontro.
O abandono do rural é unha das principais cuestións que lle preocupa, sinalou, xa que entende que "en pleno século XXI" non pode haber pontevedreses "de primeira e de segunda". Así, recorda que "son moitos" os veciños do rural que carecen de saneamento.
O emprego suporá tamén unha cuestión fundamental no proxecto de Rafael Domínguez, que avanzou que "quero que os nosos fillos atopen oportunidades e non teñan que abandonar a súa cidade para poder labrarse un futuro".
"Pontevedra precisa un cambio, xente nova con ideas novas. Quero revitalizar o Partido Popular e defender Pontevedra por riba de todo", sentenciou.
Durante a fin de semana, ademais do seu encontro con afiliados de Lérez, Domínguez asistiu á Festa do Pincho Moruno de Bora e reuniuse cos veciños da rúa Médico Ballina que reclaman un parque na súa zona.
As próximas paradas da ruta que iniciou o candidato serán, a próxima semana, Verducido, Campañó e Tomeza.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Rafa Domínguez: Unha playlist para un aniversario de voda
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- Núñez Feijóo e Ana Pastor avalarán a Rafa Domínguez no Congreso Local do PP
Por Redacción |
-
Para Rafa Domínguez "este ya no es un modelo de ciudad del BNG, es de todos los pontevedreses"
Por Diego Espiño |
-
Só Rafael Domínguez formaliza a candidatura para presidir o PP de Pontevedra
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira deixará de ser concelleiro tras o congreso local do PP de Pontevedra
-
Rafael Domínguez dá un paso adiante cara á Alcaldía de Pontevedra: "Mi intención a día de hoy es ser candidato"
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada