Entran a roubar de madrugada nunha xoguetería da rúa García Camba
Por Alejandro Espiño
A Policía Nacional investiga un roubo que se produciu na madrugada do sábado nunha xoguetería situada na rúa García Camba.
Segundo puido saber PontevedraViva, os ladróns non produciron ningunha desfeita no establecemento e tan só arrincaron a caixa rexistradora e levárona tras o asalto.
Non transcendeu a cantidade de diñeiro subtraída pero as fontes consultadas aseguran que é de certa consideración.
Axentes da Policía Científica pasaron polo establecemento ao longo do sábado para tratar de tomar pegadas ou buscar pistas que conduzan á identificación dos ladróns.
A fechadura do establecemento, segundo parece, non se atopaba forzada. Foi unha das empregadas a que alertou do sucedido ao abrir a tenda pola mañá.
Todo apunta, segundo as primeiras hipóteses, a que os ladróns poderían ter vixiado a tenda nos días anteriores xa que, segundo sinalaron os seus propietarios, non revolveron nada e foron directos a polo diñeiro da caixa.