A prisión os dous irmáns detidos polo atraco a dous taxistas no Vao
Por Redacción
Un xulgado de Pontevedra decretou o ingreso en prisión preventiva dos dous irmáns, de 20 e 18 anos de idade, que están acusados do atraco a dous taxistas de Poio e Pontevedra, aos que asaltaron nas inmediacións do poboado do Vao.
Ambos foron postos a disposición xudicial nas últimas horas.
En relación con este caso, ademais, a Garda Civil investiga a outras dúas persoas. Trátase de dous veciños do Vao en cuxo poder recuperouse o teléfono móbil que lle roubaban ao taxista de Pontevedra. Ambos deberán responder por receptación de obxectos roubados.
O máis novo dos dous irmáns foi arrestado este xoves no propio poboado do Vao, no que ten o seu domicilio habitual. Ao maior, ademais do atraco aos taxistas, atribúeselle tamén o furto dunha carteira con 400 euros. Rouboulla a unha muller que estaba a cobrar recibos de aseguradoras a domilio.
A Garda Civil traballa coa hipótese de que os dous sospeitosos cometeron os dous roubos, un o 2 de xuño a un taxista de Pontevedra e outro na madrugada deste mércores 6 a un autopatrono de Poio.
No caso deste último roubo, os dous asaltantes actuaron con gran violencia. Tras recibir unha chamada para que realizase un servizo recollendo a unha muller na rotonda do Vao, chegou ao lugar e había dous homes, que subiron ao coche e golpeárono para que lle entregase toda ao recadación da xornada.
Pasaban poucos minutos da medianoite e a zona estaba baleira, de modo que non puido librarse deles ata que, cando xa lle quitaron todo o diñeiro que tiñan, marcharon. Tras iso, el acudiu ao centro de saúde da Parda para ser atendido dos golpes recibidos.
Relacionadas:
-
A Garda Civil investiga un novo atraco a un taxista no poboado do Vao de Abaixo
Por Natalia Puga |
-
Detidos dous irmáns como sospeitosos de asaltar a taxistas de Pontevedra e Poio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Investigan senllos atracos a dous taxistas de Pontevedra e Poio no Vao
Por Redacción |