Estas son as praias de Sanxenxo nas que se poden facer fogueiras
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo "tendo en conta que a celebración de fogueiras nas praias forma parte da tradición galega" autorizará a realización de cacharelas nos areais urbanos e semiurbanos, fóra de Rede Natura e que non teñan unha zona dunar, xa que estes espazos son moi sensibles.
As praias nas cales se podería chegar a autorizar fogueiras son Pampaído, Sagunto, Agra, Nanín, Carabuxeira, Lavapanos, Panadeira, Silgar, e Caneliñas.
Pola contra, a lista de praias nas que baixo ningún concepto se vai a permitir fogueiras son Areas, Canelas, Baltar, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, A Nosa Señora, Fontenla, Foxos, Area Gorda, A Lapa e A Lanzada.
O número de fogueiras en cada praia estará supeditado ao espazo existente en cada areal e as súas características. Tamén se terá en conta a identidade e o arraigamento dos solicitantes.
Os interesados en solicitar a autorización terán de prazo desde o luns día 11 de xuño ata o mércores 20 para comunicalo nas dependencias de medio ambiente en Vilalonga, no servizo de Emerxencias en Adina ou no servizo de atención ao cidadán, situado no edificio da casa consistorial, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Daranse un número limitado de autorizacións en función da capacidade de carga de cada areal. Estas autorizacións están pensadas para que as persoas do lugar poidan divertirse e continuar coas tradicións de outrora.
O Concello de Sanxenxo ata agora nunca autorizou a realización de fogueiras nas praias. A pesar diso, nos últimos anos realizábase un macro botellón incontrolado nunha praia de enorme valor ambiental como é Montalvo sen ningún tipo de autorización. Á mesma desprazábanse autobuses desde outros puntos de Galicia.
Este goberno local asegura que non está disposto a mirar para outro lado e por tanto vai poñer os medios para evitar actos que atentan contra os valores medio ambientais. Para iso pecharanse os accesos á praia de Montalvo, vixiarase e mesmo se sancionará ás persoas que tenten realizar unha fogueira na mesma.
Relacionadas:
-
As festas de San Xoán levan á Garda Civil de Tráfico a incrementar os controis de alcohol e drogas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas abre o prazo para solicitar permisos para as fogueiras de San Xoán e San Pedro
Por Redacción |
-
Tradición, música e lume nas festas de San Xoán de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Aberto o prazo para solicitar a autorización de montaxe de fogueiras en San Xoán
Por Redacción |