Touriñán e a Ocaband estarán en Sanxenxo para celebrar as festas en honra a San Antonio
Por Redacción
O son das bombas de palenque anunciará na mañá do día 13 o inicio dos festexos organizados polo Concello de Sanxenxo en honra a San Antonio.
A celebración comezará ás doce do mediodía cun pasarrúas a cargo da banda de música de Redondela e un concerto desta banda, á unha da tarde na praza de Pascual Veiga.
Os actos relixiosos comezarán pola tarde, cando os veciños e visitantes de Sanxenxo poderán participar ás 19.00 horas na misa solemne na honra a San Antonio, cantada polo coro parroquial San Xinés de Padriñán, tras a que se iniciará a tradicional procesión.
Ás 21.00 horas, a banda de música de Redondela volverá actuar na Praza de Pascual Veiga.
Os festexos culminarán coa verbena a cargo da orquestra La Ocaband prevista para as 22.30 horas na Praza dos Barcos, que contará cun monólogo de Xosé Antonio Touriñán. Touriñán é un humorista e actor galego, que comezou formando parte do famoso dúo Mucha e Nucha. Actualmente participou na rodaxe da serie Fariña e traballa no programa Land Rober.