Rosario, Henry Méndez e as principais orquestras galegas, atractivos das Festas do Carme
Por Redacción
O Concello de Marín ten moi avanzado o deseño da programación coa que, a partir do próximo 7 de xullo, celebrará as festas patronais do Carme. Aseguran que será unha oferta variada, destinada a públicos de todas as idades e composta por eventos de calidade.
A música será, un ano máis, un dos grandes atractivos da semana grande de Marín. O goberno municipal desvelou o nome dalgúns dos artistas que actuarán no escenario que se habilitará no parque Eguren.
Así, Rosario Flores (7 de xullo), Henry Méndez (8 de xullo) e o gaiteiro Óscar Ibáñez (9 de xullo) serán tres das grandes apostas.
Ademais, a Praza de España volverá reunir ás grandes orquestras galegas. El Combo Dominicano (10 de xullo), Panorama (12 de xullo) e París de Noia (15 de xullo) actuarán en Marín. A oferta complétase con Marbella (11 de xullo), Miramar (13 de xullo), La Ocaband (14 de xullo) e Televisión (16 de xullo).
A esta oferta súmase a actuación de Xacarandaina (15 de xullo) polas rúas de Marín cun espectáculo de folclore, pasarrúas, actividades dirixidas ao público infantil, teatro, cantos de taberna ou o certame de gaitas e corais.
Ademais, celebrarase San Cristóbal e a Batalla de Flores, xunto cun pregón que dará inicio o 7 de xullo a máis de dez días cheos de actividade.
O obxectivo este ano será estender o ambiente festivo a varias zonas do municipio, aínda que as principais actividades se celebren no parque Eguren, a alameda Rosalía de Castro e a praza de España.
Relacionadas:
-
Balance positivo en Marín tras unhas Festas do Carme con "gran afluencia de público"
Por Redacción |
-
Reggaeton de Henry Méndez e grandes éxitos de Fernandisco DJ para festexar a calor das Festas do Carme
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Club Peixe Galego dará o pregón das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |