O PP pide á Deputación que escoite as queixas dos técnicos de ambulancias sobre os lombos
Por Oskar Viéitez
O voceiro do grupo provincial do PP, Ángel Moldes, e José Iglesias, vicepresidente da Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias, pediron ao goberno da Deputación que escoite as demandas desta asociación sobre os lombos.
Na rolda de prensa aclararon que "non están en contra de medidas de calmado de tráfico", senón dos resaltos, os lombos, que consideran unhas medidas "moi agresivas", porque "castigan a quen cumpre e a quen incumpre", e de forma especial aos seus pacientes nos traslados aos centros hospitalarios.
Segundo expuxeron, a nivel provincial prexudican a 31 unidades asistenciais e 4 medicalizadas, que fan máis de cen mil traslados urxentes ao ano. Si suman os traslados non urxentes, pasan de 200.000 traslados sanitarios, aseguraron.
Ángel Moldes lamentou que nos decálogos e na guía básica de espazos públicos e mobilidade amable que recentemente presentou a Deputación de Pontevedra "non se teña en conta a experiencia de distintos sectores que teñen moito que aportar", como esta asociación.
Relacionadas:
-
A Deputación destina un millón e medio de euros á construción dos novos lombos e redutores de velocidade
Por Redacción |
-
Unha guía para "que la calle no acabe siendo un territorio donde el automóvil marque sus leyes"
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín |
-
A guía de "mobilidade amable" da Deputación aspira a converterse nun referente mundial
-
Suecia aplaude o modelo de mobilidade da Deputación
Por Redacción |
-
Os concellos solicitan á Deputación mil lombos máis en toda a provincia
Por Alejandro Espiño |