A Garda Civil detén dous irmáns como sospeitosos de asaltar a taxistas de Pontevedra e Poio
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil detivo os dous sospeitosos de roubar dous taxistas de Pontevedra e Poio durante os últimos días na zona do Vao. Trátase de dous mozos irmáns de 18 e 20 anos que se prevé que sexan postos a disposición xudicial ao longo da xornada deste venres.
Segundo confirmaron fontes da Garda Civil de Pontevedra, o máis novo, de iniciais M.J.S., foi arrestado na mañá deste xoves no propio poboado do Vao no que se produciron os feitos e no que ten o seu domicilio habitual. Permanece en dependencias policiais ata o seu paso ao xulgado de garda.
Ao segundo dos detidos atribúeselle tamén o furto dunha carteira con 400 euros no Vao. Rouboulla a unha muller que estaba cobrando recibos de aseguradoras a domilio.
Os dous roubos a taxistas que se lle atribúen foron realizados supostamente por dúas persoas. O segundo atracador foi identificado, pero pero tardou en ser detido varias horas, hasta última hora da tarde.
A Garda Civil traballa coa hipótese de que os dous sospeitosos cometeron os dous roubos, un o 2 de xuño a un taxista de Pontevedra e outro na madrugada deste mércores 6 a un autopatrono de Poio.
No caso deste último roubo, os dous asaltantes actuaron con gran violencia. Tras recibir unha chamada para que realizase un servizo recollendo a unha muller na rotonda do Vao, chegou ao lugar e había dous homes, que subiron ao coche e golpeárono para que lle entregase toda ao recadación da xornada.
Pasaban poucos minutos da medianoite e a zona estaba baleira, de modo que non puido librarse deles ata que, cando xa lle quitaron todo o diñeiro que tiñan, marcháronse. Tras iso, el acudiu ao centro de saúde da Parda para ser atendido dos golpes recibidos.