Os socialistas alertan da "preocupante" situación da atención primaria na provincia
Por Redacción
A atención primaria na provincia de Pontevedra está a pasar, segundo o PSdeG-PSOE, una situación "preocupante". Así o denunciou o seu secretario xeral, David Regades, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos deputados autonómicos Julio Torrado e María Pierres.
Esta situación débese, sinalaron os socialistas, ante a falta de renovación das infraestruturas sanitarias, a ausencia de persoal e a carencia de cobertura nas baixas dos profesionais, cuestións ante os que o goberno galego "dá a calada como resposta".
Regades denunciou que todo parte dos recortes do executivo de Alberto Núñez Feijóo no eido da sanidade, campo no que a Xunta "non cre en serio". Desde o goberno encabezado polo socialista Emilio Pérez Touriño, dixo, o orzamento nesa área reduciuse en máis de mil millóns de euros, o que disparou as listas de agarda nos hospitais.
A isto suma que, no ano 2006, a sanidade galega contaba con 35.000 profesionais e doce anos despois perdéronse preto de sete mil postos de traballo estables. Esta "precariedade", segundo o líder dos socialistas de Pontevedra, está a poñer en risco todo o sistema da sanidade.
A Xunta tamén incumpriu, segundo o PSdeG-PSOE, cos investimentos prometidos nas infraestruturas sanitarias da provincia, entre eles, coa construción de novos centros de saúde en Vilagarcía, Poio, O Grove ou A Illa ou a reforma do de Cuntis.
O deputado Julio Torrado denunciou ademais o "sectarismo" do PP ao asegurar que a meirande parte dos problemas dos centros de saúde danse en concellos onde non gobernan os populares. "Son demasiados os casos como para pensar que se trata dunha casualidade", asegurou.
Relacionadas:
-
Os socialistas esixen a Feijóo un plan de reforma dos centros de saúde de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Queixa da corporación cuntiense pola falta de resposta do conselleiro de Sanidade
Por Oskar Viéitez |
-
Poio axusta a edificabilidade da parcela de Anafáns para que o Sergas amplíe o centro de saúde
Por Oskar Viéitez |