Investigan senllos atracos a dous taxistas de Pontevedra e Poio no Vao
Por Redacción
A Garda Civil investiga dous atracos sufridos por senllos taxistas, un de Poio e outro de Pontevedra, nas inmediacións do poboado chabolista do Vao.
O primeiro deles, segundo confirmaron fontes do instituto armado a PontevedraViva, produciuse fai un par de semanas. O taxista, con base en Pontevedra, foi asaltado por dous homes que levaron a recadación da xornada.
Hai apenas horas, a pasada noite, produciuse o segundo dos asaltos.
Neste novo caso, a vítima foi un taxista de Poio. Segundo a Garda Civil, tamén foi atracado por dous homes que se subtraeron a recadación.
A coincidencia no modus operandi e o feito de que en ambos os casos os atracadores sexan dous homes que actuaban na mesma zona fai sospeitar á Garda Civil que os dous atracos poderían ser cometidos polas mesmas persoas.
Por agora, non se produciron detencións en relación con estes atracos.
Relacionadas:
-
A Garda Civil investiga un novo atraco a un taxista no poboado do Vao de Abaixo
Por Natalia Puga |
-
A prisión os dous irmáns detidos polo atraco a dous taxistas no Vao
Por Redacción |
-
Detidos dous irmáns como sospeitosos de asaltar a taxistas de Pontevedra e Poio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada