La Vuelta ciclista a España ficha a Mexi como mascota
Por Oskar Viéitez
La Vuelta ciclista a España terá mascota pontevedresa. Unipublic ven de fichar a Mexi. Obviamente non se trata do futbolista arxentino do Futbol Club Barcelona senón dun molusco bivalvo que atende ao nome de Llón, Mexi-Llón.
A mascota é obra de Pepe Carreiro, pai dos Bolechas, e este luns foi presentada aos medios como "o mellor dos representantes das Rías Baixas: san, deportista e cen por cen galego".
Antes de quedarse con Mexi, houbo todo un proceso de selección no que quedaron descartados outros candidatos como unha gaivota, unha centola, vieira ata o albariño.
O director xeral de Unipublic, Javier Guillén, anunciou que no mes de xullo empezará a promoción deste "icono que enlaza con lo que quiere La Vuelta".
Relacionadas:
-
Mexi-Llón xa é unha realidade: coñece a mascota oficial da Vuelta Ciclista a España
Por Redacción |
-
La Vuelta a España xa ten a súa batea
Por Redacción |
-
O Gran Wyoming tamén le PontevedraViva
Por Oskar Viéitez |
-
#pelisconmejillón: cachondeo no Twitter pola mascota 'galega' da Vuelta Ciclista a España
Por Alejandro Espiño |