Marín prohibe facer fogueiras nas súas praias
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín prohibe facer fogueiras nas súas praias.
As persoas ou asociacións que queiran solicitar o permiso para as "cacharelas" a noite do 23 ao 24, festividade de San Xoán, poden cubrir o documento que estará colgado na web municipal ou recollelo no rexistro do propio Concello.
Para solicitar o permiso deben remitir ese formulario cuberto ao correo electrónico adjuntoalcaldia@concellodemarin.es, ou ben entregalo directamente no rexistro municipal.
O prazo conclúe o venres 15 de xuño.
Entre as normas para realizar as fogueiras en San Xoán atópanse a prohibición de realizar fogueiras sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos.