A Consellería licita o reforzo do firme en estradas de A Lama, Pontevedra, Ponte Caldelas e Vilaboa
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a licitación do reforzo de firme localizado nas estradas PO-235, PO-244 e PO-264, que conta cun orzamento de 797.504,97 euros e que afecta aos concellos de A Lama, Pontevedra, Ponte Caldelas, Vilaboa e Soutomaior.
O prazo para a execución da obra é de tres meses, e no caso da PO-235, afectará aos tramos entre o quilómetro 12, no inicio da travesía de Antas na Lama e o 15, na intersección coa EP-0305. Ao longo destes tres quilómetros estenderase unha nova capa de rodaxe.
Na PO-244, as obras realizaranse entre o quilómetro 0 e o 12,4, entre os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior. Nesta estrada levarase a cabo obras de fresado e extensión en zonas puntuais, así como aplicación de microaglomerado. Tanto neste vial como no anterior da Lama levarase a cabo a limpeza das beirarrúas e o repintado de cunetas.
Finalmente, na PO-264 repintarase a estrada entre o quilómetro 0 en Paredes, Vilaboa, e o 2 en Ponte Sampaio, Pontevedra.