De Tui a Santiago, con parada en Pontevedra, para concienciar dos beneficios do deporte para controlar a diabete
Por Natalia Puga
"Todo paciente que a lo largo de su jornada -semanal, diaria o mensual- camina y tiene una vida saludable puede mantener a raya cualquier tipo de diabetes". Esta afirmación de Eusebio Diaz resume o espírito do 'Reto Camiña pola diabete 2018' que desde o domingo seguen máis dun centenar de pacientes con diabete que están a percorrer o Camiño Portugués a Santiago desde Tui.
Os 105 peregrinos, dos que unha vintena son galegos, chegaron na tarde deste martes a Pontevedra e, tras facer noite na cidade do Lérez, volveron partir rumbo a Compostela á primeira hora deste mércores. O seu obxectivo é percorrer durante a xornada os 23 quilómetros que separan a cidade do Lérez e Caldas de Reis.
Eusebio Diaz, representante da Fundación para a Diabete, explica que os peregrinos son pacientes con diabete tipo 1 e tipo 2 e a experiencia está a resultar "extraordinaria" porque "saben controlarse muy bien". "Cada uno tiene que controlar su propia diabetes", insiste, e demostrouse que a actividade física é unha das ferramentas fundamentais para ese control.
Este reto ten como fin visibilizar que o paciente con diabete non é un enfermo, é un paciente que ten diabete e facendo exercicioi e levando unha vida saudable pódea controlar perfectamente, ao que Eusebio Diaz engade que para controlar a diabete "hay que estar bien informados, cada vez se tiene que saber más y el paciente tiene que saber cada vez más de su diabetes".
Os peregrinos pertencen ás asociacións de Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela, Valladolid, Zamora, Zaragoza, Madrid, Valencia, Oviedo e Portugal e seguen a ruta a Santiago da man da Fundación para a diabete, que detalla que o que pretende coa iniciativa é cambiar a mentalidade das persoas con diabete inculcándolles a necesidade de incorporar o exercicio físico á súa vida cotiá.
Ana Mateo, xerente da Fundación para a diabete, engade que o proxecto busca motivar a todas as persoas con diabete transmitíndolles a mensaxe de que con diabete pódese facer deporte e superar calquera reto.
Os participantes neste reto forman parte dun estudo de calidade de vida que está a analizar os beneficios de realizar actividade física na mellora do control da diabete tipo 2 tanto durante o programa de adestramento como nas diferentes etapas do Camiño de Santiago. Esta investigación está a ser coordinada por Serafín Murillo, asesor en Nutrición e Deporte da Fundación para a diabete, e investigador na Unidade de diabete e Exercicio do CIBERDEM do Hospital Clínic de Barcelona.