Ferido tras sufrir unha descarga eléctrica nun accidente laboral en Cuntis
Por Redacción
Un traballador resultou ferido e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario este martes tras sufrir unha descarga eléctrica mentres realizaba o seu traballo en Cuntis.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia (CAE) 112, Os feitos ocorreron sobre as 10.00 horas deste martes nunha empresa situada na parroquia de Troáns.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia sanitaria urxente para un traballador que acababa de recibir unha descarga eléctrica e non reaccionaba.
Dende o 112 Galicia informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil e solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Cuntis.
Segundo puido saber o persoal do CIAE, o ferido foi trasladado consciente ao Hospital Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra.