Nove praias de Sanxenxo contarán con vixilancia do 15 de xuño ao 15 de setembro
Por Oskar Viéitez
O verán pasado catro praias, Silgar, Baltar, Canelas e Montalvo contaron co servizo de salvamento e socorrismo desde o 15 de xuño. Este ano o goberno quixo facer un maior esforzo orzamentario ao contratar á maior parte dos socorristas durante un período de tres meses, en lugar dos dous meses que viña sendo habitual.
Iso vai permitir que este verán, por primeira vez, 9 praias estean atendidas os 3 meses que van desde o 15 de xuño ao 15 de setembro. Incluso a praia máis concorrida, que é Silgar, contará co servizo de salvamento desde o próximo 9 de xuño durante o fin de semana.
É intención do goberno que, a partir de agora, cada ano increméntese o número de praias que dispoñan de todos os seus servizos desde o mes de xuño. O goberno entende que Sanxenxo debe facer todo o que estea na súa man para atraer máis visitantes en xuño e setembro, meses nos que, en comparación con xullo e agosto, cando practicamente rózase o cheo, aínda hai unha marxe de crecemento.
O esforzo de mellora e ampliación dos servizos non só abarca as praias, tamén se fixo un esforzo na contratación do resto de persoal como auxiliares de policía e limpeza e xardinería. Recentemente informabamos que este ano o Concello incrementa o persoal de tempada alta coa contratación de 176 persoas, aínda que mesmo poida que finalmente acaben sendo máis.
As 9 praias que a partir de 15 de xuño contarán con servizo de vixilancia son: Areas, Silgar (desde o 9 de xuño), Baltar, Canelas, Montalvo, Major, Foxos, A Lanzada - O Espiñeiro.
Ademais, unha embarcación do servizo tamén estará permanentemente, desde o 15 de xuño, no mar para vixiar todos e cada un dos areais do municipio e atender calquera incidente que suceda.
BALIZAMENTO
Nos próximos días comezarán os traballos relativos ao balizamento de 16 praias, co fin de preservar as zonas de baño doutras actividades que poidan entrañar perigo para os usuarios.
As 16 praias que se van a balizar son as seguintes: Area de Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas e A Lapa.
Para realizar estes balizamentos nas 16 praias é o seguinte é necesario contar con 213 unidades de mortos de formigón, e 220 bólas esférico- cónicas de diferentes cores e tamaños, 8 unidades de canle náutica e 2.370 metros lineais de corcheiras.