As brigadas municipais acometen tarefas de roza en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A concellería de medio ambiente continúa coas tarefas de roza iniciadas hai 10 días en todo o municipio. En total rozaranse 300 quilómetros lineais.
Adina, Noalla, Dorrón e Vilalonga, ao ser as parroquias máis extensas levarán máis tempo, que as máis pequenas de Padriñán, Bordóns e Nantes.
Para a limpeza de todas as cunetas nas que se actuará, traballarán dúas rozadoras (unha xa empezou e a outra se incorpora esta semana), unha varredora e media decena de rozadoras manuais. Os traballos iniciáronse na parroquia de Dorrón e a nova rozadora comezará no outro extremo do municipio, na Lanzada.
Estas tarefas estenderanse ao longo de todo o mes de xuño, debido ao elevado número de km nos que se ten que actuar e á cantidade de herba e maleza existente provocada polas choivas da tempada invernal. Polo que o goberno pide un pouco de paciencia a toda a veciñanza do municipio, para que se poida terminar neste mes de xuño a roza completa do Concello, tal e como se fixo por primeira vez o ano pasado.
PINTADO
Esta semana tamén se levou a cabo en Vilalonga unha actuación consistente no pintado de 50 prazas de aparcadoiro, no estacionamento da Igrexa e en Vilar, a rúa principal desta parroquia. En ambos os espazos, debido ao paso do tempo, a pintura estaba deteriorada e as marcas no chan eran inapreciables, polo que non se estaban aproveitando ben estes espazos.
Nestes momentos está a levarse a cabo unha actuación de limpeza na zona de Ou Revel e hanse bacheado diferentes puntos da parroquia.