Ceos anubrados e choivas xeneralizadas o luns pola tarde
Por Redacción
Unha borrasca pouco profunda situada no Atlántico irase achegando a Galicia neste luns. Deste xeito, os ceos estarán anubrados durante esta xornada e as choivas irán entrando polo litoral oeste.
Así, comezará a chover pola provincia da Coruña pola mañá, mentres que pola tarde as choivas serán xeneralizadas en toda a Comunidade galega, segundo a información a MeteoGalicia.
As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre lixeiro a moderado, mentres que as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente.
Pola súa banda, os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, aumentando a moderados a partir do mediodía e con refachos fortes na Costa da Morte.