O PP desvelará "en cuestión de días" o nome de "algúns" candidatos ás municipais
Os populares teñen unha "decisión tomada", segundo desvelou Alfonso Rueda, sobre quen será o seu candidato ou candidata nas próximas eleccións municipais de 2019 en "moitos" concellos da provincia. Os seus nomes revelaranse, asegurou, "en cuestión de días".
Non aclarou se, neste grupo, se inclúe o da cidade de Pontevedra. Sexa como sexa, o comité executivo do PP provincial aprobou que o congreso local que permitirá renovar a executiva municipal celebrarase os días 30 de xuño e 1 de xullo.
Este congreso, segundo o dirixente popular, farase "co único obxectivo" de gañar as eleccións municipais nesta cidade, aínda que sinalou que "non sei" se o presidente local que saia dese congreso será o candidato en Pontevedra "porque aínda non sabemos quen son os que van concorrer a esta elección".
Rueda mostrou a súa confianza en que deste congreso vai saír un PP de Pontevedra "moito máis forte". A partir de mañá venres abrirase o prazo de presentación de candidaturas.
Con este congreso, destacou Alfonso Rueda, concluirá o proceso de renovación das executivas locais na provincia, que permitiu elixir novas executivas en sete de cada dez concellos nos que se celebraron.
A partir de agora "empezaremos a falar de candidatos", engadiu o presidente do PP de Pontevedra, que serán, segundo asegurou, persoas "entregadas e comprometidas", capaces de "ilusionar e implicar" aos veciños no proxecto do Partido Popular.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira deixará de ser concelleiro tras o congreso local do PP de Pontevedra
-
Mellorar a coordinación entre administracións, obxectivo dun encontro de traballo do PP provincial
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo dá a benvida ao PP de Pontevedra a sesenta "valientes"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Feijóo, "orgulloso" do pasado do PP frente a partidos que son "herdeiros da nada"
Por Alejandro Espiño |