Cincuenta e cinco campos de fútbol mellorarán os seus vestiarios
Por Redacción
Un total de cincuenta e cinco campos de fútbol de 35 concellos da provincia recibirán próximamente mobiliario para os seus vestiarios, segundo anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán.
Co obxectivo de corrixir estas deficiencias e dotar a todos os concellos dunhas instalacións deportivas nas mellores condicións posibles, a Deputación decidiu, aproveitando as instalacións de Príncipe Felipe, que conta cuns magníficos obradoiros de carpintería, poñer en marcha un taller para fabricar o mobiliario necesario e doarllo posteriormente aos concellos que o demanden.
Unha vez rematado o prazo para presentar estas solicitudes, demandaron mobiliario para cadanseu campo de fútbol os concellos de Cotobade, Marín, Oia, Meis, Arbo, A Cañiza, Campo Lameiro, Salvaterra, Agolada, Pontecesures, Moraña, Ponte Caldelas, O Rosal, Meaño, Portas, As Neves, Vila de Cruces, Lalín, Rodeiro e O Grove.
Pola súa banda, Sanxenxo precisa novo mobiliario para tres campos de fútbol, ao igual que Cangas e Valga. Vilaboa, Gondomar, Nigrán, Barro, Tomiño, A Estrada, Mondariz, Ponteareas, Tui e Forcarei. O Porriño demanda mobiliario para os catro campos que ten en activo e para os dous que se están a construír nestes momentos.