Augas de Galicia admite que 7 de cada 10 anos non hai auga suficiente para transvasar dende o Verdugo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ponte Caldelas volve esixir a Augas de Galicia o arquivo inmediato do proxecto de transvasamento dende o río Verdugo ao sistema de Eiras. Unha vez analizado o proxecto, remitido hai escasas semanas, o goberno local conclúe que "queda claro que esa obra sería completamente inservible para garantir o abastecemento a Vigo e aos concellos do sur da provincia".
Coa colaboración de enxeñeiros voluntarios que veñen colaborando con Ponte Caldelas descubriuse que o propio proxecto sinala que no Verdugo non hai auga suficiente para transvasar.
A análise da serie histórica 2008-2017 dos caudais dispoñibles revela que durante 7 dos 10 últimos anos, incluído o último, cando a seca ameazou especialmente o subministro á área da cidade olívica, non tería sido posible derivar auga sen afectar ao caudal ecolóxico do río.
O alcalde, Andrés Díaz, afirma que "os políticos temos a obriga de gastar os cartos públicos con responsabilidade e realizar esta obra para descubrir ao pouco tempo que é inútil sería un auténtico ridículo e máis aínda ignorando o criterio dos técnicos".
O proxecto de transvasamento foi entregado a Ponte Caldelas a efectos da emisión dun informe de compatibilidade urbanística.
O Concello respondeu que, ademais de garantirse o respecto á Lei do Solo de Galicia e ao planeamento municipal, que son cuestións regradas, debe tamén acreditarse o cumprimento das normativas sectoriais de aplicación, entre elas as derivadas da afección forestal, polo que Augas precisaría de informe favorable do servizo de Montes da Consellería de Medio Rural, contando para elo cun acordo previo da asemblea da comunidade de montes de Silvoso.
Relacionadas:
-
Profundo rexeitamento en Ponte Caldelas ao proxecto para abastecer auga a Vigo desde o Verdugo
Por Alejandro Espiño |
-
Andrés Díaz pide por terceira vez un encontro con Núñez Feijóo para desbloquear proxectos urbanísticos
Por Redacción |
-
Augas de Galicia confirma a Ponte Caldelas o arquivo definitivo do expediente para o transvasamento do Verdugo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas celebra a rectificación da Xunta sobre o transvase do Verdugo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas esixe a Augas de Galicia o arquivo definitivo do expediente do trasvase do río Verdugo
Por Redacción |
-
Un estudo de Augas de Galicia descarta o trasvase do Verdugo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas acusa a Augas de Galicia de ocultar un estudo que descarta o trasvase do Verdugo
Por Redacción |
-
Lores reitera o rexeitamento de Pontevedra ao transvasamento do Verdugo
Por Redacción |