A Troula Inclán regresa este sábado a Méndez Núñez
Por Redacción
A praza de Méndez Núñez acollerá este sábado 2 de xuño unha nova edición, a cuarta, do programa lúdico Troula Inclán, que impulsan os locais de hostalería da zona xunto co Centro Comercial Urbano Zona Monumental e o Concello de Pontevedra.
Músicos locais animarán unha festa que está pensada para rapazada de todas as idades.
Ás 13.00 horas haberá unha sesión vermú coa actuación de Ghalos do curral, degustación de petiscos, cata de vermú e unha paella popular.
A partir das cinco da tarde haberá os obradoiros para nenos Hoxe mercamos nós e maquillaxe de fantasía, tatuaxes de purpurina e globofexia, mentres que unha hora despois comezarán os concertos que protagonizarán Desconcerto, Guateque (Juan y Xito), Adrián Torres e La Pistola del Manco.
A fin de festa está previsto para a unha da madrugada.