Os comuneiros de San Martiño de Vilaboa lembran á Xunta que debe coidar o Lago de Castiñeiras
Por Redacción
A comunidade de montes de San Martiño de Vilaboa está a traballar durante os últimos días en labores de limpeza, poda e conservación dos terreos do Lago de Castiñeiras, que pertencen á zona do municipio de Vilaboa. Estes traballos desenvólvense con fondos propios deste colectivo, que lle lembra á Xunta de Galicia que é a administración competente no coidado deste espazo natural.
Os terreos foron cedidos á administración autonómica en 2001 por un período de 30 anos, pero desde San Martiño alertan de que a Xunta incumpre o asinado e fai caso omiso ás peticións para que se acometan os traballos de mantemento.
Denuncian que continúa sen arranxar o peche perimetral, un elemento fundamental para a conservación da paisaxe debida a que ultimamente moitos visitantes intérnanse cos seus vehículos polas pistas interiores afectando os elementos naturais.
ASADOR
Desde esta comunidade de montes acométense os traballos para montar un asador de catro grellas, coa idea de que poida ser utilizado durante este verán. Xa se creou a base e espérase que estea dispoñible no mes de xuño. A obra conta coa autorización da Consellería de Medio Ambiente, segundo os responsables de San Martiño.
O custo da obra ascende a máis de 14.000 euros e é asumido pola comunidade de montes de Vilaboa, que ten previsto construír outro asador máis no futuro, para o que esperan a axuda da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial.
Relacionadas:
-
Desaparece o valado de protección da Mámoa do Rei na contorna do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Os comuneiros de San Martiño avanzan no seu plan para dotar a Vilaboa dun tanatorio
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma SOS Castiñeiras urxe á Xunta un plan de intervención no Parque Forestal de Castiñeiras
Por Redacción |
-
O BNG demanda que a Xunta repare o dique do lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Nace a Plataforma SOS Castiñeiras
Por Redacción |
-
O Lago de Castiñeiras mellorará a súa imaxe de cara ao verán
Por Redacción |
-
Promoven unha campaña para frear o deterioro do parque do lago de Castiñeiras
Por Redacción |