DomusVi ultima o plan de derriba do vello cuartel da Garda Civil

Por Oskar Viéitez
Durante o pasado mes o goberno local de Pontevedra mantivo reunións coa empresa DomusVi, adxudicataria do vello cuartel da Garda Civil da rúa Loureiro Crespo, para entre outros asuntos, axilizar a derriba do edificio da comandancia.
Os técnicos do concello responderon afirmativamente á solicitude da empresa de presentar o plan de derriba antes do estudo de detalle. O Concello ten interese en que "o antes posible" se proceda á demolición deste inmoble pola situación na que está debido aos "problemas de salubridade e seguridade que ten", segundo a concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías.
Agora a empresa DomusVi terá que presentar ese plan de derriba "que debe estar a punto polo que nos contaron" e no que deben figurar con claridade os metros que hai construídos na actualidade para evitar disfuncionalidades á hora de acometer os seguintes trámites.
Como xa informou PontevedraViva, a empresa DomusVi proxecta unha residencia para a terceira idade na que investirá 7.800.000 euros. Ademais, a iniciativa supoñerá a creación duns 65 postos de traballo directos, segundo as estimacións que teñen de cadro de persoal necesario.
DomusVi fíxose con este terreo do Ministerio do Interior en poxa pública tras presentar unha oferta de 1,4 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Retomarán en breve a construción da residencia no vello cuartel da Garda Civil
Por Alejandro Espiño |
-
O vello cuartel da Garda Civil será historia nun prazo máximo de seis meses
Por Alejandro Espiño |
-
Lista de espera de dous anos para entrar nunha residencia de maiores
Por Oskar Viéitez |
-
A demolición do vello cuartel da Garda Civil comezará en agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Así será a residencia que se construirá na antiga comandancia da Garda Civil
Por Oskar Viéitez |
-
A antiga comandancia da Garda Civil será unha residencia de maiores
Por Redacción | Creada e actualizada