Marín Ghetto Fresco ou a festa dos mozos do monopatín
Por Manu Cillán
Este sábado celebrouse o campionato Marín Ghetto Fresco. A cita tivo lugar no Skatepark do porto "o de cemento". Houbo Scooter, BMX e moito Skateboard.
A xornada completouse con exhibición de Graffiti contando con recoñecidos artistas e unha competición de basket 3x3.
E pola noite: After Party! Con Dubstep, Moombah, electro, Trap, Drum & Bass, no mesmo Skatepark.