A Garda Civil identifica dous mozos por tocamentos a unha muller nun pub de Sanxenxo
Por Natalia Puga
Efectivos da Garda Civil de Pontevedra identificaron esta fin de semana dous mozos como supostos responsables dunha serie de tocamentos a unha moza nun pub de Sanxenxo.
O episodio de tocamentos produciuse na madrugada do sábado ao domingo no interior dun local de copas e, tras a denuncia da moza, foron identificados os dous presuntos autores.
Tras ser identificados, na tarde deste luns os mozos foron postos a disposición do xulgado de garda de Cambados, que decretou a súa posta en liberdade.
O xuíz non estableceu ningunha medida cautelar, senón tan só a obriga de que os dous sospeitosos comparezan no xulgado cando sexan citados.